A Escola de Música “Concello de Ortigueira” (EMCO) da Concellería de Cultura, Turismo e Comunicación Social convoca o X Premio de Novos Intérpretes para prestar o seu apoio aos xoves concertistas no comezo da súa carreira profesional.

Pretenden deste xeito potenciar a realización de concertos para a promoción dos novos grupos e solistas, ademais de realizar cursos e encontros destinados á formación e intercambio de coñecementos dos mesmos.

Poderán presentarse neste concurso tódolos xoves con residencia legal en España. Os participantes non poderán ter á finalización do concurso, máis anos da idade máxima da modalidade na que concursen podendo optar a unha superior e unicamente participando nunha modalidade.

Participarase en tres modalidades: A (de 18 a 25 anos), B (de 15 a 17 anos) e C (ata 14 anos) e nas seguintes especialidades:

  • Vento‐ Madeira: frauta, óboe, fagot, clarinete e saxofón.
  • Vento‐ Metal: trompa, trompeta, trombón, bombardino e tuba.
  • Corda Fretada: Violín, Violoncello, Viola e Contrabaixo.
  • Piano
  • Guitarra

Podes descargar as bases e o formulario de inscripción premendo aquí .