xacobeo_2010_classics_logo

O Xacobeo Classics introdúce este ano o Ciclo de Cámara da AGC no seu programa, levando este por primeira vez a todalas capitais de provincia de Galicia.

Nestos concertos sonarán obras  de Paulino Pereiro, Margarita Viso, Julio Montero, Juan Durán, Fernando Alonso, Gloria Rodríguez Gil, X. A. Vázquez Casas e Eligio Vila. Os interpretes serán Javier Vázquez Grela e Juan Manuel Varela Louro, o Grupo Instrumental Século XX (con dirección de Florian Vlashi), Pentafonía, Ensemble XXI, a soprano Alba López Trillo e a mezzo María José Ladra.

Interpretaránse 26 estrenos e outras 18 obras pertencentes a 16 autores.

Ca cita de Pontevedra clausurada xa, quedan os concertos de Lugo (13 de marzo), Ourense (30 de abril) e A Coruña, en 28 de Xullo.