No teatro principal de Pontevedra a Banda de Música de Pontevedra adicará o seu concerto monográfico a David Gillingham.
Este xoves 26 de abril ás 21.00h no Teatro Principal de Pontevedra terá lugar un concerto monográfico adicado á figura do compositor americano David Gillingham.
Neste caso a Banda de Música de Pontevedra escolle dúas obras mestras do compositor para instrumento solista. A trompeta e a marimba serán os protagonistas nesa noita.
When speaks the signal – trumpet tone, concertino for Solo Trumpet and Wind Orchestra e Concerto for Marimba and Wind Ensemble serán as obras a interpretar por Alberto Busto (trompeta) e Jorge A. González-Reynoso (marimba) na compaña da Banda de música de Pontevedra e dirixidos polo seu director titular: Juan Lois Diéguez.
Pontevedra – 26 de abril de 2012 ás 21.00h