festival_vila_de_cedeira A Banda de Música “Vila de Cedeira” organiza a súa Xuntanza de Bandas de Música.

O vindeiro sábado terá lugar a 7ª edición da Xuntanza de Bandas “Vila de Cedeira”, o evento dará comezo ás 19.30h no Auditorio do Paseo Marítimo. Participarán as seguintes bandas: a Banda de Música de Ortigueira, Banda de Música Municipal de Brión e a anfitriona, a Banda de Música “Vila de Cedeira”.

Cedeira – 27 de Agosto ás 19.30h.