Tres autores foron premiados como ganadores das distintas categorías.
Citado na web oficial da FGBMP:

“O xurado do V Concurso Galego de Composición, composto por Ángel Montes, José Luis Quintás e Xosé Carlos Seráns reuniuse esta tarde no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela para analizar as 15 obras presentadas, emitindo o seguinte veredicto:

En sección terceira presentáronse tres obras, outorgando o xurado o primeiro premio á obra Arieñium do compositor José Ignacio Blesa Llul.

En sección segunda das cinco obras recibidas para participar, resultou premiada a obra titulada Camiños da luz de Santiago Fontes Mondragón.

Na primeira categoría, sección sinfónica, o primeiro premio foille outorgado a Juan Manuel Eiras Tojo pola obra titulada Insomnio.

Parabéns da Directiva da Federación aos compositores.”

Parabéns dende Seis por Oito para os compositores gañadores.