JaviMorgade_BandaValgaA Banda de Música Municipal de valga foi dirixida este pasado sábado polo mestre invitado Francisco Javier Morgade no Auditorio de Valga

O pasado sábado 12 de Xuño, o público do Auditorio Valgués recibiu por segunda vez a súa banda, dirixida por un director invitado. Na vez anterior fora X. Carlos Seráns o encargado de levar a batuta desta magnifica banda, e o pasado sábado o mestre invitado foi F. Javier Morgade, o cal foi director da “Unión Musical de Meaño” ate o 2007; banda ca que acadou os maiores logros como director, facéndoa quedar entre as mellores en distintos certames rexionais e internacionais.

O concerto que comezou as nove da noite, foi iniciado polo mestre Morgade con un Pasodobre titulado “Jordi”, do recoñecido mestre José Rafael Pascual Vilaplana, que fixo dun bo abrir de boca para o público demostrando o bo traballo realizado nos últimos dias polo mestre invitado nada máis escoitar metade deste pasodobre, que remataron de maneira destacable.

A “voda de Luis Alonso” de Gimenez foi a segunda obra elixida polo mestre para este concerto, ca que deixou extasiado a máis de un sacando todo o carácter da banda. A capacidade da banda é abraiante, e tódalas distintas seccións instrumentais o demostraron con esta obra.

A banda valguesa seguiu a actuación con “O voo do Moscardón” de Rimsky Korsakov na que a dita banda ensinou toda a súa pericia técnica á hora de desenrolar unha obra deste tipo de dificultade.

A Marcha Eslava de  P.I. Tchaikovsky foi a guinda que faltaba no extraordinario concerto da Banda de Música Municipal de Valga para que nin o primeiro do seu público se fora indiferente do Auditorio.

Morgade elixiu “Gemelos” de Perez Seara para rematar esta actuación.

De súpeto, sen estar planeado,  os músicos de Valga puxeron ese toque que non falta en moitos concertos da nosa comunidade interpretando Mozos do Penedo, invitando ó director a volver ó escenario a rematar de dirixir esta composición que tanto representa as Bandas Galegas.