Vconcursogalegocomposicion A quinta edición do concurso de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica xa está en marcha.

A Xunta de Galicia a través de AGADIC e a Federación Galega de Bandas de Música Populares convocan o V Concurso Galego de Composición para Bandas de Música e Sección Sinfónica, sendo a data límite de presentación de obras o 28 de setembro de 2012.

O éxito acadado nestes catro anos pode verse nas obras premiadas para banda sinfónica:

  • O Soño de Breogán de Juan Durán
  • Irmandiños de Juan Fernández Gúzman
  • Marea Negra de Antón Alcalde
  • A Pedra da Serpe de José L. Represas
  • A lenda da Santa Compaña de David Cuevas
  • O misterio do Castelo de Pambre de Víctor Enguídanos Royo
  • Na Galiza de Paulino Pereiro Martínez

ou para banda de música:

  • A Revolta Irmandiña de Raúl Martín Niñerola
  • Terra de Oestrimnios e Monte Medulio de Andrés Álvarez
  • Pórtico, Dolmen, Camiños da Fin da Terra e Noite de defuntos de Antón Alcalde
  • Auga levada de Juan M. Eiras
  • Espírito Galego de Santiago Quinto Serna
  • A Batalla de Elviña de Manuel A. López Pérez

O concurso consta de tres categorías ás que poder presentarse:

* 1ª categoría: sección Sinfónica (a partir de 71 músicos)
* 2ª categoría (até 70 músicos)
* 3ª categoría (até 50 músicos)

Máis información: Concurso de Composición.

Descarga aquí as bases e folla de inscrición.

Santiago de Compostela – 28 de marzo de 2012