Último concerto de música de órgano do ciclo de primavera do Compostela Organum Festival.
Hoxe sábado, ás 20:30h, na igrexa das Ánimas de Santiago de Compostela terá lugar o último concerto de música de órgano do ciclo de primavera do Compostela Organum Festival.
CANCO LÓPEZ, órgano
ELSA FERRER, violín
Programa
“Renacemento a Dúo. Violín e Órgano”
Diego Ortiz (1525 ? – 1570 ? )
Recercada seconda sobre a canción “Douce memoire”
Recercada seconda sobre tenores italianos
Antonio de Cabezón (1510 – 1566) *
Ancol que col partire (Glosado)
Diego Ortiz (1525 ? – 1570 ? )
Recercada seconda sobre o madrigal “O felece occhi miei”
Recercada primeira sobre tenores italianos
Antonio de Cabezón (1510 – 1566) *
Diferencias sobre a “Gallarda milanesa”
Andrea Falconiero (ca. 1585 – 1656)
O Melo (Brando)
La Prudenza (Corrente)
Anónimo (s. XVI)
Pavana española (Danza)
Francisco Correa de Araujo (1584 1654) *
Tiento de medio rexistro de tiple de décimo ton
Girolamo Frescobaldi (1583 1643)
Canzona seconda detta “La Bernardinia” canto só
Canzona vigésimaprima detta “La Tregimuccia” canto e basso
Francisco Correa de Araujo (1584 1654) *
Tercer Tiento de cuarto ton
Giovanni Battista Fontana (? 1630)
Sonata prima per violino e basso
Sonata seconda per violino e basso
Sonata terza per violino e basso
* Órgano só
ELSA FERRER violín / CANCO LÓPEZ órgano
Desde hai máis de 20 anos, estos dous músicos non cesaron de encontrarse arredor de órganos de igrexa, xunto a un clave ou entorno a un piano. O violín sempre acompañando fielmente nese traballo que xa pode calificarse como rutinario e que deu lugar a un escollido repertorio a Dúo que percorre toda unha historia musical e personal.
Elsa Ferrer comeza en Madrid os seus estudos de violín aos 7 anos de idade que alterna cos de piano. E en 1987 trasládase ao RCSM do Liceo de Barcelona para perfeccionar os seus estudos de violín.
Profundiza na música dos séculos XVII e XVIII ao mesmo tempo que se introduce na interpretación da música medieval tañendo a fídula. Igualmente interésase polo linguaxe actual e traballa o repertorio contemporáneo.
En canto á súa labor pedagóxica, impartíu clases de violín na Academia Maese Pedro de Madrid, así como no Taller de Música Antigua do Curso Internacional de Música de Lucena (Córdoba) e no Taller Artes para Nenos (Lugo).
Canco López inicia os seus estudos musicais en Sarria, pasando posteriormente polos Conservatorios de Santiago de Compostela, Lugo e Madrid onde estuda órgano e clave e en 1986 coñece a Francisco Guerrero, de quen recibe clases de composición integrándose no seu círculo de alumnos.
En 1990, becado polo concello de Madrid vive na residencia de estudantes onde escribe “Suite Vollard” (11 grupos instrumentales) e “Apotelésmata” (2 oboes, 3 clarinetes e 2 trombóns). Durante este ano graba no órgano ibérico da Colexiata de Xunqueira de Ambía (Ourense) músicas de A. de Cabezón e F. Correa de Araujo.
Entre as súas obras estreadas encóntranse “Amiat I” e “Amiat II” para trío de corda, “Canzona Prima” para clarinete só, “Añoram” para violín só, “Senum C” para electrónica (8 canales), “Semel” para orquestra de corda, “Essev” para violín e electrónica, “Essihiza” para piano e electrónica, ou “Esserphe” para frautas e electrónica, entre outras.
Nos seus anos de traballo en común a Dúo crean e dirixen en 1990 os primeiros nove anos do Ciclo de Organo “Música Antigua” de Xunqueira de Ambía (Ourense); en 1991 dan vida a Ars Combinatoria co que levan ofrecidos máis de dous centenares de concertos; no ano 2005, involúcranse na creación do Festival Artes no Camiño, no cal intenta instaurar un punto de “encontro” entre diferentes artes (música, danza, teatro, literatura, artes plásticas), de onde xurde a Nova Orquestra Galega das Artes.