A igrexa das Ánimas acolle o segundo dos concertos do ciclo de outono do Compostela Organum Festival. Este Sábado dia 23 de Outubro as 20:30 horas na Igrexa das Ánimas de Santaigo de Compostela, terá lugar o segundo concerto do ciclo de Outono do Compostela Organum Festival. Nesta ocasión o organista Christopher Hainsworth actuará acompañado dotrompetista Nicolás Planchon, cun repertorio que combina pezas do barroco e do clasicismo.Formado en Nova Zelanda, Christopher Hainsworth traballa en Francia, onde foi directordo conservatorio de Beziers, posto que acaba de deixar para dedicarse de pleno á música.Organista, clavecinista e pianista, toca a miúdo en Francia e no resto do mundo dende haivintecinco anos, como solista, músico de cámara ou de orquestra. Así mesmo é organista titularda catedral de Beziers e presidente e conselleiro artístico de varias asociacións musicais.Pola súa parte, Nicolás Planchon é gañador do Primeiro Premio nos concursos de trompeta deMoulins e Lempdes, así como do Premio Selmer en París en 2003. Toca con regularidade coasmais prestixiosas orquestras francesas e é membro da Orquestra da Policía Nacional dende 2006así como e profesor na Escola de Música de Lunel.Dividido en tres ciclos, o Compostela Organum Festival é unha iniciativa estreitamentevinculada aos órganos históricos da cidade, herdeiros dunha tradición musical secular nahistoria de Santiago. Está organizado polo Consorcio de Santiago, coa coordinación daAsociación Musical Berenguela e o apoio financeiro da S. A. de Xestión do Xacobeo, quedecidiu incluílo na súa programación xeral para este Ano Santo.Grazas a esta iniciativa cultural prodúcese a revitalización dun instrumento intimamentevinculado ás igrexas coma é o órgano, de forte presenza musical e nos que se aúnan esculturae pintura con elementos propiamente sonoros, o que fai deles auténticas pezas de arte conentidade propia no conxunto arquitectónico ao que pertencen. Neste sentido, trátase tamén dunproceso de concienciación para facer uso deles tanto na vida litúrxica coma no ensino ou nodisfrute do público. Sen ser alleos a esta concienciación, nos últimos anos levouse a cabo unhaimportante labor de restauración e recuperación dos órganos da cidade, como os de San Paio,San Miguel ou as Ánimas.O vindeiro concerto terá lugar na igrexa da Universidade (30 de outubro).
Sona o órgano na Igrexa das Ánimas
