LOGO6x8DOUSCORESO xornal musical galego volve estar en activo logo dun periodo de cambios.

 

Seis por Oito, que nacia xa fai mais dun ano, ós poucos, co traballo de varios compañeiros durante meses para lograr abrila ó público, aquel xa lonxano 17 de Marzo deste mesmo ano, pasou por un pequeno momento de reflexión e cambios para remodelar o proxecto de cara a enfocarse da mellor maneira posible ó futuro próximo.

Causa destos cambios, a web estivo sen actualizacións e novas durante un periodo que abarcou algo máis de un mes. Dende o equipo de Seis por Oito queremoslles dar a todos os seguidores as nosas máis sinceiras disculpas por este motivo.

Neste tempo puidemos mellorar o enfoque de moitas areas que traballaremos nun futuro moi próximo anticipando algunhas das novidades:

-Entrevistas a compositores.

-Reportaxes e Criticas de concertos….

-Posta en Marcha de Proxectos Culturais e colaboración cidadá.

-Entrada en funcionamento de forma puntual e progresiva do canle Seis por Oito Internet TV.

 

Seis por Oito logo de este periodo, no que tivemos baraxando os distintos destinos que podía ter o proxecto, pasa a constituir unha institución cultural, da que o xornal dixital será o seu voceiro principal e agochará detrás proxectos culturais que estamos a definir. O primeiro é a rendibilidade do Xornal dixital, e logo virán detras outros igual ou máis interesantes. Próximamente saberedes mais en detalle de todos eles. Queremos mantervos informados. A Claridade e transparencia e o noso foito principal.

Nesta primeira fase, Seis por Oito pronto deixará de ser unha web beta (de proba) para ser xa unha consolidada ferramenta de información.

Queremos agradecer a eses mais de 2500 usuarios diferentes de moitas partes do mundo (máis de 30 paises) a súa colaboración. Sen as visitas, recomendacións, ideas, empuxóns, ánimos, e demáis de todos vos non sería posible continuar ca labor que estamos intentando levantar paso a paso. Unha vez mais, Grazas!!

Un Saudo

Seis por Oito