O sábado 17 e o domingo 18 de Abril tivo lugar o Certame Internacional de Bandas de Música Vila de la Sénia.
O sábado 17 levouse a cabo a 2ª Sección. A Casa da Cultura estaba ateigada de xente, e nela viviuse unha gran tarde de música. O xurado dou o seu veredicto quedando o seguinte resultado:
-O primeiro premio levouno a Unió Musical Alqueriense (Valencia), as obras que interpretaron foron:
-
L`Aqueriense, de Carlos Romero Meliá
-
An Original Suite, de Gordon Jacob (obra obrigada)
-
Dreded, de Andrés Valero Castells
-O segundo premio foi para unha banda galega, a Banda de Música Municipal de Sanxenxo, as obras que interpretaron foron:
-
Enrique Melio, de Simón Couceiro
-
An Original Suite, de Gordon Jacob (obra obrigada)
-
Bonaparte, de Otto M. Schwarz
Ao dia seguinte, o domingo 18 tivo lugar a 1ª Sección, despois dunha tarde na que o público tivo o pracer de escoitar unhas bandas espectaculares, o xurado outorgou os seguintes premios:
-O primeiro premio levouno a Asociación Amigos da Música de Yecla (Múrcia), as obras que interpretaron foron:
-
Certamen Levantino, de Pascual Marquina
-
Luceafarul, de Thomas Doss (obra obligada)
-
Il Cantico, de Oliver Waespi
-O segundo premio foi para a Banda de Música de Monçao (Portugal), que interpretaron:
-
Olé Junqueira, de Carlos Marques
-
Luceafarul, de Thomas Doss (obra obligada)
-
Ceremonial, de Ferrer Ferran
Despois de saber os premios, tivo lugar o acto de clausura do certame e entrega dos premios do IV Certame Internacional de Bandas Vila de la Sénia.