Este fin de semana celebrouse unha nova edición do Certame de Bandas da Deputación Pontevedresa, desta vez no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.
O sábado 27 de outubro, comezaba ás 15 horas coa actuación da Agrupación Musical de Goián, logo da actuación das 8 bandas que compuñan as dúas seccións, sobre as 21:30 horasleuse o fallo do xurado
Os resultados foron os seguintes:
Na sección segunda:
Con 203 puntos, terceiro premio dotado con 1.050€ para a Banda de Música “Airitos do Morrazo”
Con 229 puntos, segundo premio dotado con 1.300€ para a Agrupación Musical de Goián
E con 313 puntos, primeiro premio dotado con 2.900 euros para a Banda de Música Xuvenil de Torroso.
Na sección terceira:
Con 225 puntos, diploma de participación para a Ateneo Musical de Bembrive
Con 249 puntos, diploma de participación para Banda de Música da Vertula
Con 253 puntos, terceiro premio dotado cun vale de 900 € para a Banda de Música de Vilatuxe
Con 255 puntos, segundo premio dotado con 1.100€ para Agrupación Músico Cultural de Ribadumia
e con 293 puntos, primeiro premio dotado con 2.400€ para a Banda de Música del Municipio de Arbo
O domingo 28, as 11 horas comezou a segunda sesión deste certame coa sección primeira. A primeira banda en actuar foi a Banda de Música Municipal de Valga. Pola tarde a sección especial dou comezo as 16:30 horas.
O resultado foi:
SECCIÓN PRIMEIRA
- Banda de Música de Vilagarcía con 286 puntos
- Banda de Música Municipal de Valga con 250 puntos
- Agrupación Musical de Vincios con 214 puntos
SECCION ESPECIAL
- Unión Musical de Valladares 287 puntos
- Banda Unión Musical de Meaño 286 puntos
- Banda de Música Municipal de Caldas de Reis 225 puntos.