Na tarde de onte tivo lugar no Auditorio Municipal de Valga o 3º Concurso Zonal de Bandas de Música, da Zona do Salnés, Umia e Ulla.
Este certame é organizado pola Deputación de Pontevedra. As bandas participantes interpretaron o seguinte programa:
SECCIÓN TERCEIRA
BANDA DE MÚSICA UNIÓN DE LANTAÑO
- Director: Nicolás Leiro Álvarez
- Obras:
- “Saraldara”, de Javier Ces
- “Retratos de España”, de Teo Aparicio-Barberán
SECCIÓN SEGUNDA
AGRUPACIÓN MÚSICO-CULTURAL DE RIBADUMIA
- Director: Víctor Manuel Fernández Vázquez
- Obras:
- “Estrasantico”, de Simón Couceiro
- “Gallaecia”, de José Bugallo Senra
SECCIÓN PRIMEIRA
BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE VALGA
- Director: Manuel Villar Touceda
- Obras:
- “Irmandiños”, de Juan Fernández Guzmán
- Marco Polo. “La ruta de la seda”, de Luis Serrano Alarcón
- Taklamakan
- Llegada a Cambaluc
BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE CALDAS
- Director: Daniel Portas González
- Obras:
- “Irmandiños”, de Juan Fernández Guzmán
- “A poza de Friufe”, de Juan Lois Diéguez
Despois de rematar a actuación de todas as bandas participantes e mentres deliberaba o xurado, tivo lugar a actuación do Grupo de Metais Santa Cecilia de Ferrol, como agrupación invitada.
Despois da actuación deste grupo, o xurado do certame, composto por:
- D. Marcel van Bree, director da Banda de Música Municipal da Coruña
- D. Francisco Pérez Rodríguez, director da Banda de Música Municipal de Ourense
- D. Rafael Montes Gómez, director de orquestra
- D. Rosendo Iborra Jover, director da Banda de Música Municipal de Lugo
- D. Xosé Carlos Seráns Olveira, director da Banda de Música Municipal de Santiago
Deron a coñecer a acta cos resultados, que foron os seguintes:
-Sección 3ª e 2ª -> As bandas destas seccións non entraron en concurso por non poder constituirse a sección ao non completarse o mínimo de dúas prazas.
-Sección 1ª ->
SEGUNDO PREMIO, con 226 puntos para a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis.
PRIMEIRO PREMIO, con 260 puntos para a Banda de Música Municipal de Valga.