certzonais

Na tarde de onte tivo lugar no Auditorio de Cangas o Certame Zonal de Bandas de Música da “Zona de Pontevedra”.

 

O certame contou coa actuación de seis agrupacións, das cales solo puideron competir dúas, a de Barro e Airiños do Morrazo.

A Banda Xuvenil de Barro gañou o 1º Premio na Sección Segunda con 252 puntos, e a Banda de Música Airiños do Morrazo o 2º Premio con 182 puntos.

Este certame que a deputación de Pontevedra celebrou en Cangas, por primeira vez fora da capital da provincia, non saíu todo como se esperaba. Tiveron lugar unhas boas actuacións por parte das bandas que alí actuaron, pero das 6 bandas que se presentaron solo 2 delas puideron entrar en concurso, debido a que non tiñan os papeis dos músicos en regra, de acordo co que esixe a Federación Galega de Bandas para certames competitivos.

Na Sección 3ª (ata 45 músicos) estaba previsto que competiran a Banda Artística de Bueu e a Artística de Arcade; na Sección 2ª (de 46 a 60 músicos) a Banda Xuvenil de Barro, Airiños do Morrazo (Moaña) e Bellas Artes de Cangas; e na Sección 1ª (máis de 60 músicos) e fora de concurso a Banda de Música de Salcedo.

Pero finalmente solo puideron competir a Banda Xuvenil de Barro e a Banda Airiños do Morrazo (Moaña), acadando a de Barro o 1º Premio e a de Moaña o 2º.

As de Bueu e Arcade actuaron fora de competición porque, ao igual que a Bellas Artes, tiñan problemas coa documentación dos músicos, sen resolver, e a de Salcedo, ao competir sola nunha sección, decidiuse que solo participara.

Fontes da organización aseguran que se lle dera un prazo ata o mércores á Banda Bellas Artes de Cangas para que arranxase toda a documentación dos músicos co fin de que puidese competir, pero chegado ese día non o fixo e por iso a organización decidiu facer un cambio e que Bellas Artes abrise o concurso cun concerto de actuación simplemente.
A organización non quixo desvelar este problema cando presentou o certame o mércores en Cangas co responsable de Cultura, Juan José Durán, o deputado José Enrique Sotelo, e responsables do certame.

O programa do certame foi o seguinte:

SECCIÓN TERCEIRA

BANDA DE MÚSICA ARTÍSTICA DE BUEU

  • Director: Víctor M. López Pazos
  • Obras:
    1. “Miña Aldea (Rapsodia galega)”, de Leira Díaz
    2. “Pilatus: Mountains of Dragons”, de Steven Reineke

AGRUPACIÓN MUSICAL ARTÍSTICA DE ARCADE

  • Director: Iván Maia Boullosa
  • Obras:
    1. “Escoita rosiña”, de Ángel Peñalva Tellez
    2. “Pirates of the Caribbean (Symphonic Suite), de Klaus Badelt, arr. John Wasson

SECCIÓN SEGUNDA

BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO

  • Director: Alejandro Cimadevila Louzao
  • Obras:
    1. “Estrasantico”, de Simón Couceiro
    2. “Escape from Plato´s Cave”, de Stephen Melillo

BANDA DE MÚSICA AIRIÑOS DO MORRAZO

  • Director: Salvador Meira Corrales
  • Obras:
    1. “Gaudila”, de Andrés Álvarez
    2. “Land of legends”, de Andreas Ludwing Schulte

BANDA DE MÚSICA BELLAS ARTES DE CANGAS

  • Director: Eduardo González López
  • Obras:
    1. “Saraldara”, de Javier Ces
    2. “Cançons de mare”, de Rafael Talens

SECCIÓN PRIMEIRA

BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO

  • Director: Fernando Raña Barreiro
  • Obras:
    1. “Estrasantico”, de Simón Couceiro
    2. “The Divine Comedy (I.- The Inferno, III.- The Ascension, IV.- Paradiso)”, de Robert W. Smith

AGRUPACIÓN INVITADA

  • ENTRE LUSCO E FUNKY