Rafael Talens faleceu no día de hoxe, 25 de abril, por un ictus cerebral.
Un dos máis famosos compositores nacional e internacionalmente, Rafael Talens Pelló faleceu hoxe 25 de abril no hospital Monteprincipe de Boadilla del Monte en Madrid. A causa da morte foi un ictus cerebral.
O pasado 15 de abril presidíu o xurado do Certame Nacional de Bandas de Música Ciutat de Cullera, pobo que o veu nacer. Como obra obrigada as bandas participantes interpretaron unha obra súa: “Obertura para un centenario”.
A súa longa traxectoria como director é notoria, pero sempre será coñecido pola súa producción como compositor, máis de oitenta obras, para orquestra sinfónica, música de cámara ou banda de música, e con unha longa colección de pasodobres. Obras como Tercio de Quites, Cançons de mare ou Suite Aràbiga foron e serán das máis interpretadas.
Rafael Talens quedará no noso recordo como un dos compositores valencianos máis importantes dos séculos XX e XXI.
Madrid – 25 de abril de 2012
Un dos máis famosos compositores nacional e internacionalmente, Rafael Talens Pelló faleceu hoxe 25 de abril no hospital Monteprincipe de Boadilla del Monte en Madrid. A causa da morte foi un ictus cerebral.
O pasado 15 de abril presidíu o xurado do Certame Nacional de Bandas de Música Ciutat de Cullera, pobo que o veu nacer. Como obra obrigada as bandas participantes interpretaron unha obra súa: Obertura para un centenario.