LOGO6x8DOUSCORES

Seis por Oito nace dunha sinxela idea de dous músicos galegos ala por Maio do 2009, mentres comentaban a falta de medios de información que había en partes puntuais do mundo da música en Galicia.

Logo disto comezaron a traballar nun proxecto sen unha idea fixa, engadindo novas ideas ate pouco antes da publicación do que hoxe é … Seis por Oito. Unha Revista – Noticieiro Dixital que informa do mundo da Música que outros medios non informan, fixándose en tódolos aqueles apartados, temas de interese, e músicos que polo xeral non son informados nin se falan nada deles.

A diferencia que outros medios, nos non só informamos de grandes eventos, artistas internacionais,…. senón que nos centramos en informar sobre as nosas Bandas de Música, Orquestras menos coñecidas, Grupos de Cámara, Concertos de Alumnos de Conservatorios, e demais agrupacións e músicos dos que non debemos avergoñarnos e si apoialos de igual a igual porque en Seis por Oito non poñemos etiquetas, para nos tanto o máis internacional como o máis descoñecido teñen a mesma importancia e o mesmo dereito de ter un oco nun medio de información que informa sobre a Arte da Música.

Isto é Seis por Oito, O Noticieiro Musical para todos.