Concerto da Banda de Música de Lalín con Frits Damrow
O vindeiro sábado 31 de marzo ás 20.30h, a Banda de Música de Lalín presenta o seu novo traballo discográfico “Danzas Fantásticas” cun espectacular concerto na compaña de Frits Damrow como solista invitado. Dirixidos por Bram Sniekers tocarán o Concerto para Trompeta e Banda de Gliere e a Sinfonía nº 4 de David Maslanka.
Lalín – sábado 31 de marzo de 2012 ás 20.30h.