Convócanse as probas extraordinarias de acceso ao Grao Superior de Música en Galicia, que no mes de Setembro darán a oportunidade de acceder ao inicio dos estudos superiores de música para os que non se presentaron na convocatorio ordinaria de Xuño.
O Conservatorio Superior de Música de Vigo ten publicado na súa web o número de vacantes e o proceso de matriculación para estas probas extraordinarias de setembro, coas que buscan cubrir as prazas vacantes con novo alumnado.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 5 de setembro, ese mesmo día inclusive.
http://csmvigo.com/secretaria/files/Vacantes_1_GS_setembro_2018-1901.pdf