CertamenValencia2010OptAcaba de comezar fai uns minutos a primeira xornada do famoso Certame de Bandas da Cidade de Valencia

O Certame Internacional de Bandas de Música “Ciudad de Valencia” chega no 2010 con moitas novidades. Nos últimos anos este certame viñase celebrando durante dous fin de semanas consecutivos, e usando a praza de touros para as dúas seccións maiores; este ano, pola contra, o certame empeza nun mercores, celebrase durante catro días seguidos e será o Palau da Música, segundo a súa web, o único lugar no que se realizará a actuación das diferentes bandas de todo o mundo. Tamén cabe destacar o cambio na imaxe do certame do 2010, na que o certame levantino se esforza ano a ano en buscar a modernidade.

 

A xornada de hoxe mostrará as bandas participantes na sección terceira deste certame, na que participará entre .odas elas a galega Banda de Música “Sementeira” de Cambre. O programa é o seguinte:

 

SECCIÓN TERCEIRA – Mercores 30 de Xuño

Palau de la Música 18:00 h

Obra Obligada: “Club Europe” de Martin Ellerby

L`Harmonia Societat Musical de Alacant (Alicante)
Director: José Tomás Moñinos Baeza
Pasodoble: “Musical Apolo” de Amando Blanquer Ponsoda
Obra libre: “Seven Wonders of the Ancient World”
(1.- The Temple of Artemis. 3.- The Statue of Zeus) de Alex Poelman

Banda Sinfónica del Municipio de La Ceja del Tambo (Colombia)
Director: Juan Felipe Arias Villa
Pasodoble: “San Pedro” de Victoriano Valencia Rincón
Obra libre: “Meigas” (1.- Encontro de meigas. 2.- Meiga Feiticeira. 3.- Conxuros, pócimas e o meigallo. 4.- Noite de meigas) de Juan Gonzalo Gómez Deval

Banda Musical de Redován (Alicante)
Director: Mario Ruíz Barberá
Pasodoble: “El Capitán” de Camilo Pérez Laporta
Obra libre: “Danzón nº 2” de Arturo Márquez Navarro

Banda Municipal de Ejea de los Caballeros (Zaragoza)
Director: Javier Comenge Leonar
Pasodoble: “La Gracia de Dios” de Ramón Roig
Obra libre: “La Gazza Ladra” de Gioacchino Rossini (Arr: G. Beigbeder)

Unión Musical de Catarroja (Valencia)
Director: Filiberto Mira Ortega
Pasodoble: “A mi madre” de Roque Baños
Obra libre: “The Legend of Flathead Lake” de Carl Wittrock

Banda de Música “Sementeira” de Cambre (A Coruña)
Director: Francisco Javier Vidal Suárez
Pasodoble: “Al meu Iaio” de Ferrer Ferran
Obra libre: “Cavaleiros de Santiago” (1.- Introduçao. 2.- Alvorada. 3.- Canção. 4.- Pandeirada. 5.- Moinheira. 6.- Dança quebrada. 7.- Coda) de José Luis Represas Carrera

Orquesta de Metais Lyra Tatuí (Brasil) – (Banda Invitada)
Director: Adalto Soares y Silvia Zambonini
Programa:
a determinar