Pietro_RIzzoO mestre italiano dirixirá o primeiro encontro do curso 2010/11, que se desenvolverá na Coruña do 2 ao 11 xaneiro de 2011.

O director de orquestra italiano Pietro Rizzo será dende este próximo curso académico o novo director artístico da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, que contará ademais con Alejandro Sanz como director académico.

O mestre italiano será o encargado de dirixir o primeiro encontro da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia do curso académico 2010/2011, que terá lugar na Coruña do 2 ao 11 de xaneiro de 2011.

Pietro Rizzo foi director titular da Ópera de Göteborg ata xuño de 2009. Recentemente dirixiu na Metropolitan Opera (marzo 2009), Ópera de Dallas (febreiro 2009), no Teatro Comunale en Florencia (outubro 2008) e na Royal Swedish Opera en Stocolmo (decembro 2008). Naceu en Roma, Italia, en 1973. Empezou os seus estudos musicais co violín e graduouse no Conservatorio Nacional de Sta. Cecilia en Roma en 1992. De 1990 ata 1993 asistiu aos cursos de verán na Accademia Musicale Chigiana para estudar con Boris Belkin e Emanuel Borok e recibiu o Diploma de Mérito en 1992 e 1993 como alumno destacado. Continuou os seus estudos con Emanuel Borok na Southern Methodist University e graduouse cun máster en Violin Performance (1996) obtendo un Artist Certificate (1997). O seu interese na dirección de orquestra creceu mentres se encontraba en Dallas e comezou os seus estudos de dirección na Academia Sibelius (Helsinki, Finlandia) onde os seus profesores foron Jorma Panula e Leif Segerstam dende 1997 ata 2000, graduándose cun máster en Dirección de Orquesta.Antes do seu posto en Göteborg, Rizzo foi primeiro mestre de capela no Teatro Aalto, en Essen, dende 2003 ata 2007, onde dirixiu máis de setenta actuacións de ópera e ballet cada tempada. Grazas á súa grande experiencia ten no seu repertorio máis de corenta títulos de ópera.

 

O mestre Pietro Rizzo xa traballou con anterioridade coa OJSG, conxunto ao que xa dirixiu en diversas ocasións, como na Sinfonía n.º 1 de Gustav Mahler que se pode ver e escoitar no seguinte enlace de Youtube:

{youtube}fDp4mcLQNK0{/youtube}