1322677671JO contratenor barroco Philippe Jaroussky dará un concerto na cidade Herculina.

O ciclo Galicia Classics, promovido pola Xunta de Galicia no Ano da Música 2011, achega á cidade da Coruña a actuación do máis importante dos cantantes barrocos actuais, Philippe Jaroussky. O Teatro Colón Novacaixagalicia acollerá o concerto do contratenor francés, acompañado pola Orquestra Barroca de Friburgo, o vindeiro domingo ás 20,30 horas, tan só dous días despois da súa actuación no Liceo de Barcelona. Neste concerto, enmarcado no ciclo de Grandes Voces, despregarase un programa baseado en arias de óperas de G.F. Händel, como ‘Xulio César’, ‘Agripina’ e ‘Xerxes’, entre outras. As entradas para esta agardadas cita, prácticamente esgotadas, están á venta a través do servizo de localidades de Novacaixagalicia.