O grupo de percusión Perkuka actuará na praza Pontevedresa do Teucro
O luns 8 de Agosto, ás 21 horas, o grupo formado por cinco percusionistas galegos formados nas nosas bandas e conservatorios dará un concerto na Praza do Teucro, situada no casco antigo da cidade de Pontevedra.
Un concerto ó aberto e gratuito para todolos amantes da música e os que non o son tanto, dado que o programa que presenta o xoven grupo galego é apto para todolos públicos, sen deixar indiferente a ninguén.