En marzo de 2011, terá lugar a volta da Orquestra Sinfónica de YouTube na que pode participar calquera músico que o desexe.
Os interesados deberán enviar unha audición en vídeo para formar parte da orquestra ou un solo improvisado sobre unha obra composta especificamente para a orquestra polo compositor estadounidense Mason Bates.
Os intérpretes con máis talento e creatividade serán seleccionados para formar parte da Orquestra Sinfónica de YouTube 2011 e tocarán en marzo na Ópera de Sidney baixo a batuta do director Michael Tilson Thomas.
YouTube contará, ademais, cunha serie de colaboradores locais en España: a Orquestra e Coro Nacionais de España (OCNE), a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Banda Primitiva de Llíria. YouTube organizará con eles audicións durante o mes de novembro.
Sube o teu video de audición antes do 28 de novembro de 2010.