muller_schottO violonchelista Daniel Müller Schott, estará en Galicia, onde tocará como solista coa Real Filharmonía de Galicia.

O próximo concerto da Real Filharmonía no Auditorio de Galicia estará protaginizado polo violoncellista alemán Daniel Müller Schott quen tocará o Concerto para cello de Schumann. Müller Schott está considerado como un dos talentos máis prometedores da súa xeración. Actuou coas mellores orquestras e directores de Europa e de América. Participa habitualmente nos Festivais de Salzburgo, Lucerna, Rheingau, Schwetzingen, Mecklenburg Vorpommern, Schlewig-Holstein, Ravinia, Tanglewood e Aspen, e colabora con artistas como Nicholas Angelich, Julia Fischer, Viviane Hagner, Anne-Sophie Mutter, Olli Mustonen e Steven Isserlis. Gravou para as principais discográficas, entre os que destacan os Concertos de Schumann. Participa no programa “Rhapsody in the School” que pretende animar os nenos nos colexios a aprender e gozar da música. Recentemente realizou un encontro cos estudantes do Colexio Alemán en Madrid. Ofrece, do mesmo xeito, clases maxistrais especialmente nos Estados Unidos. Nacido en Múnic, Daniel Müller-Schott comezou a estudar violoncello con seis anos. Toca un violoncello Matteo Goffriller “Ex Saphiro”, de 1727.

 

Toda a información do concerto e as notas ao programa están dispoñibles nas webs da Real Filharmonía (www.rfgalicia.org) e do Auditorio de Galicia (www.auditoriodegalicia.org).

 

Programa

 

Real Filharmonía de Galicia         

Carlos Miguel Prieto, director

Daniel Müller-Schott, violoncello

 

G. Ligeti, Concerto romanés

R. Schumann, Concerto para violoncello en la menor, op.129

B. Bartók, Divertimento para orquestra de corda

 

DÍA: Xoves 12 de maio de 2011

HORA: 21:00 horas

LUGAR: Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)

 

10 euros (50% de desconto para estudantes e xubilados)