Interpretará o primeiro concerto para violín de Shostakóvich
Frank Peter Zimmermann, un dos mellores violinistas europeos de hoxe, regresa a Santiago para tocar unha vez máis xunto á Real Filharmonía de Galicia. Nesta ocasión tocará o primeiro concerto para violín de Shostakóvich, co que ven de triunfar en diferentes salas, como París ou Madrid.
Zimmermann naceu en 1965 en Duisburg (Alemaña) e deu o seu primeiro concerto con orquestra con tan só 10 anos. Dende que terminou os seus estudos con Gradov, Gawriloff e Krebbers, en 1983, estivo actuando coas principais orquestras do mundo e colaborando cos directores máis importantes. Os seus moitos compromisos leváronlle a actuar nas principais salas e festivais internacionais. As súas interpretacións do repertorio clásico, romántico e do século XX, son recibidas con grande eloxio por parte da crítica e o público por igual. Os momentos máis destacados da pasada tempada inclúen residencies coa Filharmónica de Nova York cos directores Gilbert e von Dohnanyi e a Sinfónica de Bamberger con Honeck e Nott así como compromisos coas Orquestras Sinfónicas de Chicago e de Boston, a Filharmónica de Berlín ou a Orquestra Nacional de Francia, entre outras. Ademais, é artista en residencia da Symphonieorchester deas Bayerischen Rundfunks. Recibiu prestixiosos premios como o da Accademia Musicale Chigiana, o Rheinischer Kulturpreis, o Musikpreis de Duisburg e a Bundesverdienstkreuz. Xunto co violista Tamestit e o chelista Poltéra forma o Trio Zimmermann.
Real Filharmonía de Galicia
David Afkham, director
Frank Peter Zimmermann, violín
L. v. Beethoven, Obertura Leonora núm. 1, op. 138
D. Shostakóvich, Concerto para violín núm. 1 en la menor, op. 77
F. Schubert, Sinfonía núm. 9 en Do maior, D. 944 “Grande”
O programa de man pódese descargar na web www.rfgalicia.org.
DÍA: Xoves 8 de novembro de 2012
HORA: : 21:00 horas
Auditorio de Galicia (Avda Burgo das Nacións, s/n. Santiago de Compostela)
Este mesmo concerto será ofrecido ao día seguinte, venres 9 de novembro, no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo.