Gaos-QuizaA Orquesta Gaos, Borja Quiza e Teresa Novoa impresionan no Teatro Colón.

Fai nada máis que unhas horas, o teatro colón recibiu o concerto polo primeiro aniversario da Orquesta Gaos xunto o baritono Borja Quiza e a soprano Teresa Novoa.

O concerto, que comezou as 20,30 horas e xuntou no mesmo escenario a dúas grandes voces galegas e a orquestra de máis recente creación na nosa comunidade, a Orquesta Gaos ; presentounos na súa primeira parte a famosa obra “El Amor Brujo” do español Manuel de Falla, na que a Orquesta Gaos demostrou durante os dez numeros no que se divide, todo o que unha nova orquestra, formada por un conxunto de profesionais e xoves, en perfecta unión, pode chegar a realizar, con traballo duro e responsable. A soprano Teresa Novoa levou adiante unha custosa interpretación que aínda non axustándose no rexistro do soprano para poder brillar como debería, fixo un papel moi aceptable da difícil obra de Falla.

A segunda parte do concerto, comezouna a orquestra interpretando “El Caserio” de Jesús Guridi como preludio. O barítono Borja Quiza continuou con “Mi Aldea” da zarzuela “Gavilanes” de Jacinto Guerrero, facendo unha espléndida interpretación que, asombrosamente, o público aplaudiu calorosamente, tanto que non pasou nin medio segundo dende a ultima nota da orquestra  ó momento de estalido en aplausos dos asistentes. O intermedio, que continuou ca mítica “La leyenda del beso” dos mestres Soutullo y Vert, foi interpretado pola orquestra e seguido pola “Canción del Gitano” de “La Linda Tapada” do mestre Alonso. A “Romanza de Vidal” da zarzuela Luísa Fernanda do compositor Moreno Torroba foi a que antecedeu á actuación da solista de “palillos” Verónica Torres, parella de Borja Quiza, interpretando “La boda de Luís Alonso” xunto á orquestra. O baritono rematou o concerto interpretando “La tabernera del puerto” de Pablo Sorozábal e “Ya mis horas felices” da zarzuela “La del soto del parral” dos mestres Soutullo y Vert, e logo da incrible actuación do barítono, o publico aplaudiu en pé durante minutos ate que o barítono e a orquestra comezaron o “bis” con un fragmento de “Maravilla” e logo de volver a ser apraudido interminablemente deleitaron ó publico novamente co segundo bis, do que non deron información, so que era unha “sorpresa”, que fixo que o público durante a introdución de “Lela” pronunciara un “oohhh” asombrados cando finalmente escoitaron o comezo da letra e se toparon ca esperada sorpresa; unha versión orquestral da coñecida canción galega con letra de Rosalía de Castro, “Lela” ,orquestrada por Juan Durán.