les_luthiersLes Luthiers chegarán a Vigo e á Coruña neste mes de marzo coa estrea de Lutherapia.

Oviedo, A Coruña, Vigo e Madrid son as catro cidades españolas confirmadas que acollerán este ano a divertida sesión de terapia coa que o quinteto arxentino celebra o 45 aniversario no escenario.

 

Les Luthiers actuarán no Auditorio do Palacio de Congresos Mar de Vigo os días 20/21/22/23 e 24 de marzo ás 21.00h. E na Coruña no Teatro Coliseum os días: 15/16/17 e 18 de marzo.

Lutherapia chega precedida dun éxito absoluto de crítica e de público nas súas primeiras actuacións en Latinoamérica. Baseada nunha divertida sesión de psicanálise, está composta por dez obras novas entre as que se inclúen títulos como: El cruzado, el arcángel y la harpía (Opereta medieval), Las bodas del Rey Pólipo (marcha prenupcial), El flautista y las ratas (orratorio), Aria Agraria (tarareo conceptual) y El día del final (exorcismo sinfónico-coral). Como é habitual, presentaranse novos instrumentos informales como a Exorcítara, o Bolarmonio, e o Thonet.

 

Vigo-A Coruña – 1 de marzo de 2012.