A xerencia do Gran Teatre del Liceu de Barcelona quere aforrar 3,7 millóns de euros.
Segundo a información dada pola Red de Organizaciones de Autores e Intérpretes de Música (ROAIM), e co obxetivo de aforrar 3,7 millóns de euros, o Gran Teatre do Liceu de Barcelona cesará as súas actividades durante dous meses, suspendendo varias óperas, espectáculos de danza e unhas actividades audiovisuales e negociará un Expediente de Regulación de Empleo (ERE) que deixaría na rúa a preto de 400 empregados, un centenar deles músicos e cantantes da Orquesta Simfònica do Gran Teatre del Liceu.
A crise económica pasa factura tamén ó teatro en activo máis antigo e prestixioso de Barcelona e suporá que os seus músicos queden sen traballo e o citado cese de dous meses das súas actividades.
6 de febreiro de 2012