O Pazo da Cultura de Narón acolle o VII Festival de Bandas de Música.
Este domingo día 9 de Maio ás 18 horas, no Pazo da Cultura de Narón, terá lugar a Sétima edición do Festival de Bandas que como tódolos anos se celebra nesta vila.
Este ano as bandas participantes son:
AGRUPACION MUSICAL DE OS VINCIOS
BANDA-ESCOLA DE MUSICA DE OLEIROS
XOVE BANDA DE NARÓN.
As invitacións estarán a disposición do publico dende hoxe na taquilla do Pazo da Cultura (gratis).