Curso de vento metal en Moncada, Valencia.
O Ilustrísimo Concello de Moncada xunto co Centro Artístico de Moncada, baixo a supervisión de Jose Alcácer Durá e o asesoramento de Juan Carlos Matamoros, ofrecen unha actividade innovadora dentro da ampla oferta de cursos de música, enfocado non só a unha actividade meramente musical senón a desenvolver a convivencia e o traballo en grupo, tan importante na súa futura formación tanto persoal coma profesional.
Para iso reúnense especialistas en diversos niveis eduactivos así como en actividades de tempo libre.
O presente curso pretende establecer unha relación diferente entre o alumno, os profesores e a música durante cinco días, baseándose no seu orixinal plantexamento, intentando cubrir as necesidades básicas a todo tipo de instrumentistas de vento metal, xa sexa profesionais, estudantes ou afeccionados.
Profesores do curso:
-TROMPETA: Enrique Abello (Profesor CSM de Alicante) e Manuel Blanco Gómez-Limón (Solista ONE)
-TROMPA: Carlos Malonda (Axudante de Solista ONE)
-TROMBÓN: Juan Carlos Matamoros (Solista ONE) e Jordi Navarro Martín (Trombón ONE)
Música de Cámara:
-Mediterranean Chamber Brass
Masterclass:
-TROMPETA: Jose María Ortí (Catedrádico do CSM de Valencia)
-TROMPA: Salvador Navarro (Solista ONE)
-TUBA: David Llacer (Solista Orquestra de Valencia)
Para máis información pulsar aquí.