MuseoBummOptA Unión Musical de Meaño e o Concello de Meaño inauguran unha exposición.
No Pazo de Lis, a apenas 100 metros da Casa do Concello de Meaño, e con motivo do 180 aniversario da fundación da primeira banda en Meaño, daquel intre chamada Banda de Xil, e tamén do 25 aniversario da refundación da banda, xa co nome de “Unión Musical de Meaño”, o Concello de Meaño e a “Unión Musical de Meaño” expoñen a historia desta banda a través de fotos históricas, recortes de prensa, proxeccións, antigos instrumentos pertencentes á banda, distintas indumentarias desta, etc.

A exposición estará aberta ó público ate setembro para todo aquel que queira coñecer un pouco máis a historia dunha das bandas máis antigas de Galicia.