
Master Class con Steve Brown o sábado 8 de outubro de 16.00 a 19.00h. no Auditorio de Rianxo. Contidos: Iniciación á improvisación, utilización práctica das escalas, desenvolvemento do sentido rítmico, repertorio básico do Jazz e da música moderna. A Master Class rematará cun coloquio tentando dar resposta ás dúbidas ou ás inquedanzas dos e das asistentes. Entregarase diploma de asistencia.
Os interesados deberán enviar por e-mail, os seus datos persoais e xustificante do ingreso bancario antes do 8 de outubro. Alumnos matriculados na Escola: 5 euros. Resto de asistentes: 10 euros.
Como complemento á Master Class, terá lugar ás 20.00h no Auditorio de Rianxo un Concerto de presentación do traballo discográfico STANDARS & BALLADS, de ROBERTO SOMOZA, no que tamén ten participado STEVE BROWN.
Máis información: Tel.: 671.058.555 [email protected]
Rianxo – 8 de outubro de 2011