{jcomments on}1025902Como moitos sabedes, onte dia 19 de Marzo, o Goberno aprobou esta Lei de Economia Sostible, e comunicou que a envia a Cortes para a súa tramitación parlamentaria.

Seis por Oito quere expresar a sua completa repulsa a esta lei e poñemos a continuación o Manifesto “En defensa dos dereitos fundamentais en Internet” non sin antes colocar un video “moi interesante” que deberiades ver todos.

 

O goberno coa Lei da que hoxe falamos, pretende poñer á industria e á propiedade intelectual por encima dos dereitos fundamentais dos cidadans. Unha vez a ley esté operativa poderán cerrar webs sen previo aviso e sen xuizos, quedando isto de mans dun organismo autonomo, deixando exentos de garantias ós cidadáns e atentando contra a cultura.

A cultura necesita “un cambio nas formas de gobernar, comezando a escoitar ós cidadans e non só á industria“.

Sen máis, o video que continua estas verbas, explica moito mellor a situación actual da cultura e os que a atacan.

{youtube}Ad8GLXbfwdk{/youtube}

 

Manifesto en defensa dos dereitos fundamentais en Internet

Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión e de información, e o dereito de acceso á cultura a través de internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de internet manifestamos a nosa firme oposición ó proxecto, e declaramos que …

1. Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, á seguridade, á presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva e á liberdade de expresión.

2. A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sendo unha competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen sentenza. Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de impedir o acceso dos habitantes do estado español (e o dos turistas residindo neste estado) a calquera páxina web.

3. A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, co que prexudicará unha das poucas áreas de desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultará a creación de empresas, introducirá barreiras á libre competencia, e pexará a súa expansión internacional.

4. A nova lexislación proposta ameaza os novos creadores e dificulta a creación cultural. Coa internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industrias culturais senón de moitas fontes distintas.

5. Os autores, como todos os traballadores, teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades relacionadas coas súas creacións. Tentar soster con modificacións lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se basea no control das copias dos traballos, e na internet non é posíbel sen violar os dereitos fundamentais, haberán de atopar outro modelo.

6. Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de alternativas modernas, eficaces, críbeis, accesíbeis e que atendan os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma ineficaces para o fin que afirman perseguir.

7. Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas patrocinadas por grupos que procuran perpetuar modelos de negocio obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sendo ceibe.

8. Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en España, ante calquera presión que poida ocorrer, como un marco para o desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.

9. Propomos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual co fin de retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

10. Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser aprobadas despois do debido debate público e de se consultaren todas as partes implicadas. É inaceptábel que se fagan modificacións lexislativas que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata doutro tema.