Mojca Erdman, soprano
Alabada pola crítica e amada polo
público pola súa beleza de ton e
impecábel mestría, a nova soprano
Mojca Erdmann é unha estrela en
aumento na escena musical
internacional. Esta temporada Mojca
interpretará o papel de Despina nunha
nova produción de Cosi fan Tutte en Baden-Baden, onde
regresará para interpretar Don Giovanni, debutará coa
Ópera de Niza como Marzelline en Fidelio, interpretará
A Frauta Máxica na Ópera de Colonia, Sor Angélica de
Puccini en Colonia e Dortmund e o seu debut coa
Bayerische Staatsoper de Múnic con O morcego de
Strauss. Tamén ofrecerá concertos en Hamburgo,
Valencia, Leipzig, Frankfurt, Luxemburgo e os festivais
de St. Riquier e Bad Kissingen. Mojca Erdmann uniráse á
Orquestra de Cámara Mahler na súa xira por Asia e
concertos en Múnic e Colonia interpretando o Stabat
Mater de Pergolesi.
Tras o seu debut no Festival de Salzburgo en 2006 con
Zaida de Mozart, foi convidada a regresar en 2007
interpretando Armida de Haydn. Esta produción foi
repetida en 2009. En 2008 debutou con O rapto no
Serrallo na Ópera de Ámsterdam. Simon Rattle
convidouna a participar na súa produción do Sigfrido de
Wagner en Aix e no Festival de Pascua de Salzburgo de
2009. O mesmo ano debutou con O cabaleiro da rosa de
Strauss na Staatsoper de Stuttgart e apareceu nunha
nova produción de O cazador furtivo de Weber. Os seus
proxectos de futuro inclúen o seu debut na
Metropolitan Ópera de Nova York nunha nova
produción de Don Giovanni.
Artista excepcionalmente versátil, é moi solicitada pola
súa interpretación de música contemporánea. Debutou
coa Ópera Estatal de Berlín na estrea mundial de
Takemitsu – My way of life, dirixida por Kent Nagano.
En 2009 interpretou Proserpina de Wolfgang Rihm, peza
NA MDRE ACJ O M6
escrita especialmente para ela. A continuación Rihm
confioulle a protagonista da súa nova ópera Dionisio,
estreada no Festival de Salzburgo en 2010. Tamén
estreou obras de Aribert Reimann.
Mojca Erdman ten un amplo repertorio en concerto e
traballa regularmente con directores como Simon Rattle,
Nikolaus Harnoncourt, Ivor Bolton, Manfred Honeck,
Kent Nagano, Fabio Luisi e Daniel Harding. Ten actuado
coa Filharmónica de Berlín, a Orquestra Sinfónica Alemá
de Berlín, a Sinfónica da Radio Bávara, a Sinfónica de
Viena, a Orquestra de Cámara Mahler ou a Sinfónica da
Radio Sueca; e nos principais escenarios coma o
Musikverein de Viena, o Concertbourg de Amsterdam ou
La Scala de Milán.
Conta con numerosas gravacións, incluída unha
aclamada versión da Sinfonía núm. 4 de Mahler coa
Sinfónica de Bamberg e L’enfant et les sortilèges de
Ravel coa Filharmónica de Berlín. En 2011 sairá ao
mercado unha gravación de arias de Mozart coa
Deustche Grammophon

MojcaEdman-SopranoA Real Filharmonía ofrecerá un concerto xunto a Soprano Mojca Erdman.

 

 

PROGRAMA

PRIMEIRA PARTE

 

MANUEL BALBOA (1958-2004)  Yukel (Nocturno para orquestra) (1992) 

BENJAMIN BRITTEN (1913-1976) Les Illuminations, op. 18 (1939)

1. Fanfare

2. Villes

3a. Phrase

3b. Antique

4. Royauté

5. Marine

6. Interlude

7. Being Beauteous

8. Parade

9. Départ

MOJCA ERDMAN, SOPRANO

 

SEGUNDA PARTE

 

FRANZ SCHUBERT (1797-1828) Sinfonía núm. 6 en Do maior, D. 589 (1816)

Adagio – Allegro

Andante

Scherzo. Presto – Più lento

Allegro moderat

 

 

 

Mojca Erdman, soprano

Alabada pola crítica e amada polopúblico pola súa beleza de ton eimpecábel mestría, a nova soprano, Mojca Erdmann é unha estrela enaumento na escena musical internacional. Esta temporada Mojca interpretará o papel de Despina nunha nova produción de Cosi fan Tutte en Baden-Baden, onde regresará para interpretar Don Giovanni, debutará coa Ópera de Niza como Marzelline en Fidelio, interpretará A Frauta Máxica na Ópera de Colonia, Sor Angélica de Puccini en Colonia e Dortmund e o seu debut coa Bayerische Staatsoper de Múnic con O morcego de Strauss. Tamén ofrecerá concertos en Hamburgo,Valencia, Leipzig, Frankfurt, Luxemburgo e os festivais de St. Riquier e Bad Kissingen. Mojca Erdmann uniráse á Orquestra de Cámara Mahler na súa xira por Asia e concertos en Múnic e Colonia interpretando o Stabat Mater de Pergolesi. Tras o seu debut no Festival de Salzburgo en 2006 con Zaida de Mozart, foi convidada a regresar en 2007 interpretando Armida de Haydn. Esta produción foi repetida en 2009. En 2008 debutou con O rapto no Serrallo na Ópera de Ámsterdam. Simon Rattle convidouna a participar na súa produción do Sigfrido de Wagner en Aix e no Festival de Pascua de Salzburgo de2009. O mesmo ano debutou con O cabaleiro da rosa de Strauss na Staatsoper de Stuttgart e apareceu nunha nova produción de O cazador furtivo de Weber. Os seus proxectos de futuro inclúen o seu debut na Metropolitan Ópera de Nova York nunha nova produción de Don Giovanni. Artista excepcionalmente versátil, é moi solicitada pola súa interpretación de música contemporánea. Debutou coa Ópera Estatal de Berlín na estrea mundial de Takemitsu – My way of life, dirixida por Kent Nagano. En 2009 interpretou Proserpina de Wolfgang Rihm, peza NA MDRE ACJ O M6 escrita especialmente para ela. A continuación Rihm confioulle a protagonista da súa nova ópera Dionisio, estreada no Festival de Salzburgo en 2010. Tamén estreou obras de Aribert Reimann. Mojca Erdman ten un amplo repertorio en concerto e traballa regularmente con directores como Simon Rattle,Nikolaus Harnoncourt, Ivor Bolton, Manfred Honeck,Kent Nagano, Fabio Luisi e Daniel Harding. Ten actuado coa Filharmónica de Berlín, a Orquestra Sinfónica Alemá de Berlín, a Sinfónica da Radio Bávara, a Sinfónica deViena, a Orquestra de Cámara Mahler ou a Sinfónica da Radio Sueca; e nos principais escenarios coma o Musikverein de Viena, o Concertbourg de Amsterdam ou La Scala de Milán. Conta con numerosas gravacións, incluída unha aclamada versión da Sinfonía núm. 4 de Mahler coa Sinfónica de Bamberg e L’enfant et les sortilèges de Ravel coa Filharmónica de Berlín. En 2011 sairá ao mercado unha gravación de arias de Mozart coa Deustche Grammophon.