874eaed831A edición do 2011 do Concurso Galego de Composición chega con sorprendentes novidades.

Xa está aberto o prazo de inscrición para o IV Certame Galego de Composición para Bandas de Música, que recollerá inscricións ate o 30 de setembro.

As principais novidades desta edición serán que o certame se abre a calquera compositor sen límite de idade nin procedencia, sempre que as obras sexan de temática galega e con utilización de recursos musicais propios de Galicia. Tamén que se establecerán como novidade tres categorías diferentes.

As categorías serán:

    1ª categoría: sección Sinfónica (a partir de 71 músicos) 
    2ª categoría (até 70 músicos) 
    3ª categoría (até 50 músicos)

Toda a información está dispoñible na páxina web da Federación Galega de Bandas de Música Populares.