VI_Concurso_Galego_de_composicionA nova edición do Concurso Galego de Composición amplía o seu prazo de presentación de obras.

A Xunta de Galicia, a través de AGADIC, e a Federación Galega de Bandas de Música Populares levan a cabo o Concurso Galego de Composición para Banda de Música e Sección Sinfónica no intento de cubrir a escaseza de repertorio musical galego para bandas de música.

O éxito acadado nestes tres anos con obras para banda sinfónica (O Soño de Breogán de Juan Durán, Irmandiños de Juan Fernández Gúzman, Marea Negra de Antón Alcalde, A Pedra da Serpe de José L. Represas, A lenda da Santa Compaña de David Cuevas ) ou obras para banda de música (A Revolta Irmandiña de Raúl Martín Niñerola, Terra de Oestrimnios e Monte Medulio de Andrés Álvarez, Pórtico e Dolmen de Antón Alcalde e Auga levada de Juan M. Eiras) fan que teñamos un repertorio dun valor cultural e musical importantísimos.

O estreo das obras emanadas do concurso de composición no Certame Galego de Bandas de Música que se celebra anualmente, a difusión destas obras a través da nosa páxina Web e a posta a disposición de calquera banda de música deste repertorio, fan que esta sexa unha cita anual moi atractiva para calquera compositor ou compositora.

Un ano máis convidamos a todos os creadores e creadoras que o desexen a sumarse a este proxecto, onde as nosas raíces e a nosa cultura chegarán a través das música a todos os escenarios do mundo.

IMPORTANTE: Ampliado o prazo de presentación de obras ata o 10 de novembro de 2011 ás 15.00 h.

 

Para máis información consultar as BASES e a FOLLA DE INSCRICIÓN.