
O xa consolidado Certame Galego de Bandas, que se leva celebrando dende fai xa catro anos na sala Angel Brage do Auditorio de Galicia, a máis grande e de extraordinaria acústica, grazas o uso da pedra no seu interior, chega ó seu fin onte domingo 21 de Novembro, na víspera da patrona dos músicos. Santa Icía.
O certame empezou o Venres 19 ca Sección Terceira, na que participan as bandas de menor numero. Logo o sábado participaron as da Sección Segunda e onte, para finalizar, as bandas de Sección Primeira e Sección Especial. Ó final de cada xornada deronse os resultados que foron os seguintes:
Sección Terceira
1º Banda de Música de Arca (O Pino), 302,5 puntos.
2º Agrupación Musical de Belesar 266 puntos.
3º Banda de Música de Chapela (Vigo), 221 Puntos.
Sección Segunda
1º Banda de Música Xuvenil de Barro, 331 puntos.
2º Banda de Música de Torroso (Mos), 279 puntos.
3º Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, 253 puntos.
Sección Primeira
1º Banda-Escola de Música de Beade (Vigo)
2º Banda de Música de Salceda de Caselas
3º Banda de Música de Valga
Sección Especial
1º Banda de Música de Valladares (Vigo)
2º Banda de Música de Caldas de Reis
No acto de clausura, dixeron unhas palabras o presidente da FGBMP, e o director do AGADIC, facendo mención ambos ó conseguido para a cultura músical polas agrupacións bandisticas do país. Logo procedeuse á entrega de premios do Concurso de Composición, no que foron premiados Andrés Álvarez como finalista e Antón Alcalde como gañador da presente edición. Para finalizar a entrega de premios do Certame puxo o broche de ouro a un fin de semana cheo de Música e Cultura.