O Ministerio de Cultura e a Fundación BBVA convocan a segunda edición do Concurso Internacional de Composición Auditorio Nacional de Música.
O concurso terá lugar en Madrid. As obras estarán escritas para orquesta e durarán entre 10 e 15 minutos como máximo.
O prazo de presentación das obras remata o dia 1 de setembro de 2010.
Os premios son os seguintes:
-Primeiro premio: 30.000 €
-Segundo premio: 15.000 €
-Terceiro premio: 8.000 €
A obra gañadora será programada pola Orquestra e Coro Nacionais de España dentro da súa tempada de aboamento 2012-2013.
As obras finalistas serán gravadas en CD no concerto final do día 8 de xaneiro de 2011.
Para ver as bases pulsa aquí.