CertamenValencia2010OptXa saíron as gravacións das Bandas participantes no Certamen Internacional de Bandas de Música “Ciudad de Valencia” 2010.

Están dispoñibles na páxina da fonoteca do Certamen Internacional de Bandas de Música “Ciudad de Valencia” as gravacións das bandas participantes nesta edición do ano 2010.

Entre as bandas participantes cabe destacar a actuación das tres bandas galegas que acudiron a este famoso certame internacional. As bandas participantes foron:

-Banda de Música “Sementeira” de Cambre: acadou o 2º Premio na Sección Terceira.

-Banda de Música Xuvenil de Barro: participante na Sección Segunda.

-Banda de Música Unión Musical de Valladares: acadou o 1º Premio na Sección Primeira.

 

A páxina para poder escoitar as gravacións do certame e a seguinte: http://fonoteca.cibm-valencia.com/buscador-cibm.aspx

Estes son os resultados de todas as seccións:


*Resultados: SECCIÓN TERCEIRA – Mércores 30 de xuño

1º Premio: (340’5 puntos)

Unió Musical de Catarroja (Valencia)

2º Premio: (338’5 puntos)

Banda de Música “Sementeira” de Cambre (A Coruña)

3º Premio: (322 puntos)

Unión Musical de Redován (Alicante)

*Resultados: SECCIÓN SEGUNDA – Xoves 1 de xullo

1º Premio: (349’5 puntos)

Stadtmusikkapelle Landeck (Austria)

2º Premio: (320’5 puntos)

Unión Musical Santa Cecilia de Enguera (Valencia)

3º Premio: (309’5 puntos)

Societat Musical Centre Eslava de Albuixech (Valencia)

*Resultados: SECCIÓN PRIMEIRA – Venres 2 de xullo

1º Premio: (289 puntos)

Unión Musical de Valladares (Vigo)

2º Premio: (250.5 puntos)

Societat Protectora Musical “La Lira” de Alfarp (Valencia)

3º Premio: (245.5 puntos)

Agrupación Musical “Sauces” de Cartagena (Murcia)

*Resultados: SECCIÓN DE HONRA – Sábado 3 de xullo

1º Premio: (365 puntos)

Asociación Músico Cultural “La Lira” de Pozuelo de Alarcón (Madrid)

2º Premio: (339 puntos)

Unión Musical “Santa Cecilia” de Guadassuar (Valencia)

3º Premio: (331.5 puntos)

Banda Sinfónica Vooruit de Harelbeke (Bélgica)