xacobeo_2010_classics_logoSantiago de Compostela recibe a numerosos cantantes nunha gran gala lírica.

Mañá, Mércores 4 de Agosto, o Pazo de Congresos terá algúns dos mellores cantantes do momento, nunha gala lírica ó puro estilo Metropolitan de Nova Iork.

Nucci, Guleghina, Berti, Gallardo-Domâs… baixo a batuta do único director español que dirixe habitualmente na Ópera de Viena, M. A. Gómez Martínez, ofrecerán un concerto seguramente inesquecible para os afeccionados á lírica con seleccións dalgunhas das máis célebres óperas.

 

 

Maria Guleghina, Cristina Gallardo-Domâs, Desirée Rancatore, sopranos
María José Montiel, mezzosoprano
Marco Berti (debut en Galicia), Celso Albelo, tenores

Real Filharmonía de Galicia
Pietro Rizzo, director