No día de onte, o compositor e director Jose Oro Val, que compuxo o famoso “Rolandito” foi enterrado en Vigo.
O compositor nacido na Agolada e fillo ilustre do municipio do Deza, faleceu ós 89 anos de idade, tempo no que foi músico, director e compositor e deixou un legado inesquecible.
Naciu en Brántega, onde Oro Val comezou dende os nove anos a súa vida musical. O seu primeiro profesor foi Andrés Vilariño, o que era director naquel intre da Banda de Música de Brántega, na que Oro Val tocaría o clarinete, o requinte e ate o saxofón alto.
De José Oro Val coñecense sobre corenta composicións variadas entre pasodobres, Iotas, muiñeiras, etc. Pero pola que todos o recordaremos e a que lle é máis recoñecida non e outra que o pasodobre de marcha Rolandito, que Oro Val compuxo logo da morte dun dos seus fillos con 38 anos.
Onte, o municipio de Agolada enviou ó funeral a Carlos Fernández, descendente do compositor e concellal de Agolada, Ramiro Varela alcalde de Agolada e Norberto Peiteado tamén concellal. Oro Val foi enterrado no cementerio de Candeán, en Vigo. Tanto o Concello de Agolada como a Banda expresaba onte as suas condolencias á familia e o seu pesar polo falecemento deste compositor e director tan apreciado polo mundo da música de Banda.
Sen dúbida, unha persoa que vivíu para as bandas, que sirve como exemplo a seguir no mundo das bandas de música. Unha persoa querida en toda galicia, que creou un pasodobre capaz de unir persoas, e fomentou a unión. Sigamos creando unión nas bandas de hoxe. Grazas, Jose Oro Val.