Afkham

Este xoves terá lugar un concerto da Real Filharmonía de Galicia, con dous talentosos mozos alemáns como invitados.

David Afkham, como director asistente da Orquestra Sinfónica de Londres,David Afkham está chamado a ser un dos novos talentos alemáns máis inspirados desta xeración. É oprimeiro receptor da “Fundación Bernard Haitink para NovosTalentos” e traballa habitualmente co seu mentor, BernardHaitink, e as orquestras Sinfónica de Chicago e Royal Concertgebouw de Amsterdam. Os seus compromisos durante a temporada 2009/10 inclúena Nova Orquestra Gustav Mahler, Filharmónica de Los Ángeles, Orquestra Sinfónica de Chicago, Orquestra Sinfónica de Chipre, Orquestra Sinfónica de Bamberg, Filharmónica de Jena e a Orquestra de Cámara Wuerttembergisches Heilbronn, entre outras. Traballou tamén a diversos niveis coa Orquestra Sinfónica de Londres,Orquestra Municipal de Chicago e a Nova Orquestra Simón Bolívar de Venezuela. Ademais foi convidado pola Staatskapelle Weimar, Critical Orchestra de Berlín e a Orquestra Sinfónica de Lucerna. Nos últimos dous anos foi o director artístico e director principal da KHG-OrquestraSinfónica de Friburgo. David Afkham foi o gañador do prestixioso Concurso Internacional de Dirección Donatella Flick en 2008, enLondres, e é director asistente da Orquestra Sinfónica deLondres. Naceu en 1983 en Friburgo, Alemaña, e recibiu as súas primeiras clases de piano e violín aos seis anos. Aos 15 anos, David Afkham comezou os seus estudos de música (piano, teoría da música e dirección) na Universidade da Música, en Friburgo. En 2002 gañou o primeiro premio do Concurso Nacional Alemán de Piano “Jugend Musiziert”. Dende 2005 estuda dirección na Escola Liszt de Música en Weimar, Alemaña. É membro da “Asociación Richard Wagner” en Bayreuth e recentemente converteuse en membro do “Foro de Directores” do Consello de Música Alemán.  

– Lars Vogt, pianista titular da Filharmónica de Berlín durante a temporada 2003/2004, ten gravado 15 discos co selo EMI. O coñecido director Simon Rattle dixo del que “é un dos máis extraordinarios músicos de calquera idade con quen tiven a fortuna de colaborar.

 

– O programa inclúe unha modificación, xa que Vogt tocará o Concerto para piano número 24, de Mozart, en lugar do número 16, como estaba previsto ao inicio da temporada de concertos.

 

PROGRAMA

Real Filharmonía de Galicia

David Afkham, director

Lars Vogt, piano

 

L. v. Beethoven, Abertura Coriolano, op. 62

W. A. Mozart, Concerto para piano núm. 24 en do menor, KV 491

F. J. Haydn, Sinfonía núm. 103 en Mi bemol maior


DÍA: Xoves 11 de novembro de 2010

HORA: 21:00 horas

LUGAR: Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)