O Tel Aviv Trío vai ofrecer un curso de Violín, Viola e Violoncello no auditorio Andrés Gaos do Conservatorio Superior de Música de A Coruña.
Este curso terá lugar o dia 12 de abril 2010.
O Tel Aviv Trío está formado polos músicos
Violín: Raquel Castro Pego
Viola: Yuval Gotlibovich
Violonchelo: Jonathan Gotlibovich
Raquel Castro Pego Disfruta dunha carreira cómo intérprete e pedagoga do violín.
As sús recentes actuaciónes levárona a países como Gran Bretaña, Italia,
Eslovenia, Croacia, Estados Unidos, Francia, Israel, España e diversos países
de Oriente Medio. Recibe a súa formación en España e Londres. Completa os seus
estudos na Universidade de Indiana, e grazas ó disfrute dunha beca do
programa Fulbright consegue o Masters en Música coas máximas calificacións
baixo a tutela do mestre Mauricio Fuks, do cal foi asistente. Foi invitada
pola profesora Mimi Zweig para impartir clases na Summer Festival
Academy en Bloomington e tamén invitada pola Universidade de Indiana para
impartir clases ó estudio do mestre Fuks. En decembro de 2005 conseguíu
a praza de primeiro violín solista na nova formación ENEMC
(Ensemble Nacional Español de Música Contemporánea). É invitada nacional
e internacionalmente para impartir masterclases, seminarios e cursos
de violín. Dende setembro de 2004 é profesora de violín na
Escola Superior de Música de Catalunya.
Jonathan Gotlibovich Fundador membro do Tel Aviv Soloist Ensemble, onde
el é o chelista principal e un solista frecuente con este aclamado grupo.
Jonathan Gotlibovich é invitado regularmente aos mellores grupos de
cámara de Israel, ensembles, festivais e actuacións, tanto como solista ou
instrumentista de cámara. El é profesor no ¨Baremboim- Said¨ School of
Music en Nazaret e no ¨Sadna¨ en Xerusalen. El é membro do Trio Animando,
e fixo numerosas gravacións tanto de música clásica coma de
música de películas e cancións israelís.
Yuval Gotlibovich Violista gañador de concursos internacionais,
Yuval Gotlibovich gañou o Tertis Viola Competition así coma os
concursos de Aviv e Fischoff. A carreira concertística de Gotlibovich
espándese a través de Europa, America do Norte e Israel. El foi
o profesor máis xoven na Universidade de Indiana, e actualmente ten
o posto de profesor en Lugano, Suiza e tamén ensina regularmente na
Escola Superior de Musica Reina Sofia en Madrid e na ESMUC, Barcelona.
Recentemente publicou, no Canadian xxi-21 Label, un album dedicado á
música de cámara de Jean Francaix, incluíndo unha primeira gravación da
versión orixinal da Rhapsodie para viola e piano. Gotlibovich compuso
para a música para a película muda ¨The Cabinet of Dr. Caligari¨, que foi
presentada en Europa e Israel en festivais de cine e música clásica.
Para ver e descargar o boletín do curso preme aquí.