curso_de_trompa_2012_ribadumia As V Xornadas Musicais do Concello de Ribadumia contarán este ano cun curso de trompa impartido por Benjamín Iglesias Martínez

 

O curso dispón de 16 prazas para alumnos activos e sen límite para oíntes e desenvolverase do 17 ó 20 de maio en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h. A matrícula é de 75 € para activos e 40 € para oíntes, existindo desconto para alumnos da Escola de Música ou da AGMC de Ribadumia e farase por riguroso orden de ingreso na conta.

O concerto de clausura e entrega de diplomas realizarase o 20 de maio ás 21.00 h. no Auditorio de Ribadumia.

Consulta o cartel e folleto informativo. Máis información nos teléfonos 629 359 642 e 617 748 199 ou en [email protected]

Ribadumia – do 17 ó 20 de maio de 2012