
O I Curso de Oboe de Rianxo terá lugar no Auditorio de Rianxo, os días 30 e 31 de Agosto en horario de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 20.00h, cun concerto de clausura o último día ás 21.00h.
O Curso está dirixido a oboístas de tódolos niveis, sen límite de idade. Os interesados deberán enviar por e-mail, o xustificante de pago, xunto cos seus datos persoais, así como as obras ou estudos que van traballar curante o curso antes do 29 de Agosto.
Actividades: Técnica (individual e en grupo), interpretación, música de cámara, concerto de fin de curso e entrega de diplomas.
Modalidades e prezos: O curso dispón de 12 prazas para alumnos activos e para os alumnos oíntes non hai límite de prazas.
Activos socios da Escola 40 €
Activos non socios da Escola 50 €
Oíntes socios da Escola 15 €
Oíntes non socios da Escola 25 €
Nº de Conta (CCC) NOVACAIXAGALICIA
2080 5495 92 3000114009
Máis información:
Auditorio de Rianxo. Parque de Galicia – 15920 – Rianxo
Tel.: 671 058 555
Rianxo – 30 e 31 de Agosto de 2011