Vai ter lugar no Conservatorio Superior de Música de A Coruña un curso de guitarra co mestre malagueño Marco Socías.

O curso terá lugar os dias 23, 24 e 25 de Abril no Auditorio Andrés Gaos, do conservatorio.

 

Nacido en Málaga nunha familia de pianistas, Marco Socías recibiu a súa educación
musical na súa cidade natal, e posteriormente en numerosos cursos de perfeccionamento
e na Musikhochschule de Colonia (Alemaña). Entre os profesores que máis
significaron para a súa formación encóntranse Carmen Gallardo, Antonio Company,
José Tomás, José Miguel Moreno, e David Russell. Á idade de 21 anos conseguiu
unha cátedra de guitarra, praza da que actualmente seencontra en situación de
excedencia, converténdose así no catedrático mais novo de España.
Foi galardoado en varios dos concursos internacionais de guitarra máis prestixiosos,
como o «Infanta Cristina» (Fundación Guerreiro Madrid) no que obtivo o Primeiro
Premio, «Le Printemps de la Guitare» (Bélxica) e o Concurso Internacional de
Gargano (Italia).
É invitado regularmente aos Festivais Internacionais de Guitarra máis renomeados e,
á parte da súa intensa actividade como solista por prácticamente toda Europa,
Oriente Próximo e EUA, actúa moi frecuentemente en grupos decámara
(actualmente algúns dos seus proxectos son con músicos da Filharmónicade Berlín)
e como solista na orquestra.
Actuou en salas da importancia do Concertgebouw de Amsterdam, Philharmonie
de Berlín, Auditorio Nacional (Madrid), Konzerthaus (Viena), Konzerthaus (Berlin) e
Alte Oper (Frankfurt), e foi solista en orquestras como a Radio Sinfonie-Orchester de
Berlín, Orquestra Cidade de Granada, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orchestra
Regionale del Lazio (Italia), e a Orquestra Nacional de Cuba. Entre os directores cos
que actuou destacan Josep Pons, Víctor Pablo Pérez, Odón Alonso e Leo Brouwer.
Ata o momento gravou oito CDs, principalmente de música española, dos cuales os
máis recentes son o realizado polo selo Harmonia Mundi, no que se inclúe o
«Concerto de Aranjuez» e a «Fantasía para un Xentilhome» coa Orquestra Cidade
de Granada dirixida por Josep Pons, e un recital así mesmo con música do Mestre
Rodrigo, para o selo EMI.
O compositor italiano Carlo Domeniconi escribiulle e dedicado as obras «Incontro»,
«Sonata, quasi unha sinfonía», e o seu Concerto para guitarra e orquestra nº13.
Actualmente Marco Socías é profesor do Centro Superior de Música do País Vasco
«Musikene», en San Sebastián.

Para ver o boletín do curso preme aquí.