banda_O_Rosal Aberto o prazo de presentación de solicitudes para a dirección da Agrupación do Rosal.

 

Despois de seis anos ó frente da Banda do Rosal, Diego Javier Lorente López decidíu deixar o cargo de director desta agrupación. A Agrupación do Rosal comezará unha nova etapa con novo director, para a súa elección esta semana publicaron as bases da convocatoria para a praza de director/a, quen tamén levará a dirección e organización da Escola de Música.

 

O prazo de presentacións de solicitudes termina o vindeiro 17 de Agosto. Para a selección dos aspirantes teranse en conta varios aspectos como o currículum, proxectos, entrevista persoal e unha proba de dirección que conleva a realización dun ensaio coa propia agrupación, no que se ensaiarán un pasodobre e dúas obras (unha delas obrigatoria) da seguinte lista:

Pasodobres:

– Yakka, José Rafael Pascual-Vilaplana.

– Terras do Rosal, Ángel Antonio Montes.

– Adiós Tomiño, Ademar Álvarez.

– El Torico de la Cuerda, Luis Serrano.

Obras:

– Cavaleiros de Santiago, X.L.Represas (obra obrigada).

– Symphonic Overture, James Barnes.

– Persis, James L. Hosay

– Primavera, Satoshi Yagisawa.

– Henry V, Patrick Doyle, arr. Johan de Meij.

– Arabesque, Samuel R. Hazo.

 

Para máis información consultar as bases aquí.

 

O Rosal – 25 de xuño de 2012