A Concellaría de Actividades Musicais e Turismo do Concello de Cullera organiza o I Certame Nacional de Bandas de Música de Cine de Cullera, que terá lugar o 24 de xullo de 2010 nos Xardíns do Mercado Municipal de Cullera.
O certame consistirá na interpretación por parte das bandas participantes de dous pasodobres, un obrigado, “Ernesto Sanjuán”, de Rafael Talens Pelló cuxa partitura entregará o Comité Organizador e outro de libre elección, seguida da proxección de imaxes de películas de cine elixidas polas bandas sincronizadas coa música da banda sonora que van interpretar.
Neste certame participarán catro bandas de entre 55 e 60 músicos.
O prazo de admisión de inscricións rematará o venres 16 de abril de 2010.
Para ver as bases do certame pulsa aquí.