A FGBMP e a Consellería de Cultura e Deporte publican as bases do III Concurso Galego de Composición.
Dúas edicións foron suficientes para demostrar que a cultura musical galega contaba cun campo moi rico aínda sen explotar: a composición. O xermolo estaba aí pero o regadío fallaba. Foi así, que cando a FGBMP e a Consellería de Cultura e Deporte publicaron as bases do I Concurso Galego de Composición no ano 2008, moi poucos viron o exponencial crecemento que ía a experimentar a composición galega.
Os froitos das dúas primeiras edicións do concurso son nove obras que dan testemuña segura da calidade artística e musical das nosas compositoras e compositores e do patrimonio musical co que conta o noso país.
A publicación destas obras e a súa posterior difusión a través da rede (grazas en parte, ao Certame Galego de Bandas, onde son obras obrigadas) coloca, ademais, estas partituras nun contexto global no que calquera banda de música do mundo poderá gozar coa composición.
Para consultar as bases pulsa aquí
(Noticia extraida da web da FGBMP, respetando as licenzas Creative Commons establecidas)