A 39ª edición do Certame Internacional de Bandas de Música ‘Vila d’Altea’ arrancou coa presentación das bases e o anuncio do lema sobre o que xirará este prestixioso certame de bandas de música.
‘Pobos de América’ será o eixe central desta cita da música bandística que organiza cada ano a Sociedade Filarmonica Alteanense. As obras obrigadas en cada unha das súas seccións foron encargadas aos compositores José Suñer e a Óscar Navarro.
O Certame mantén a súa estrutura habitual, dividido en dúas seccións, a Sección Sinfónica e a Sección Primeira. Os participantes en cada unha delas terán que interpretar unha obra libre e outra obrigada, que para a Sección Primeira será Liberadores, de Óscar Navarro González. Unha peza dividida en dúas partes, a primeira inspirada no río Amazonas e a segunda unha fanfarria dedicada aos liberadores de América.
A obra obrigatoria da Sección Sinfónica é Venus das luces, sinfonía núm 2, de José Suñer Oriola. Está composición musical está baseada na mitoloxía antiga de terras mexicanas, e reflexa a dualidade entre a luz e as sombras.
O 39º Certame Internacional de Bandas de Música Vila d’Altea celebrarase nas instalacións do Palau Altea Centre d’Arts durante os días 4 e 5 de decembro.
As agrupacións musicais que desexen participar na Sección Primeira deben estar integradas por un máximo de 85 músicos, mentres que a Sinfónica establece o límite en 135 integrantes. A organización escollerá catro bandas entre as presentadas para a Sección Primeira, e tres na Sección Sinfónica.
O prazo de inscrición para as bandas abrirase o próximo 17 de maio e finalizará o 16 de xullo. A Sociedade Filharmónica Altenanse espera poder contar coa participación de importantes bandas de todo o mundo, ademais das mellores agrupacións da Comunidade Valenciana, como en edicións anteriores.
Os gañadores da sección Primeira recibirán 8.000€ de premio, e na sección Sinfónica 11.000€. O resto de agrupacións participantes recibirán unha achega pola súa participación de 3.000 euros na sección Primeira e 5.000 na Sinfónica.
Para consultar as bases do certame preme aquí.